28 dic 2010
15 dic 2010
Dez cousas que me encantan
9 dic 2010
El Internado



7 dic 2010
Un peu de vin
29 nov 2010
Contra o estrés
Como curiosidade e para que o blog non entre en estado de coma, deixo unha mostra das cancións que me están acompañando e relaxando estes días:
El bosque - Nadadora
Bombay - El Guincho
Fire scape - Fanfarlo
Toda esa enerxía escura - Fanny + Alexander
La plage - Benjamin Biolay et Chiara Mastroianni
19 nov 2010
Os meus "máis visitados"
14 nov 2010
Mollarse
13 oct 2010
Tres cousas que odio
1. Os yavoys dos móbiles.
2. As risas enlatadas.
3. Ver palabras esdrúxulas sen acentuar.
Parecerá unha tontería, pero de veras que me acabo de quedar moi agusto.
3 oct 2010
O Trivial
¿Cuál es el instrumento de la orquesta que, según su nombre, más cuesta tocar?
El contrabajo.
27 sept 2010
Anécdota xogarina 2
-María, que leva a bola? Levadura, sal...-preguntou Eugenio.-... fariña... para que o queres saber?-dixo ela.-Para facer o exercicio!
22 sept 2010
Adeus, Ran
-Por favor, por favor, Ran... – suplicaban os rapaces, case chorando – … non marches, non…
-Veña, tranquilos todos. Non vos preocupedes, ¡se nuns meses volveremos estar xuntos! – intentaba animalos.
-Mentira… queda moito… ¡nove meses son demasiado tempo! – Insistía Lucía – Eu non quero que marches nunca.
- Mira, prometémosche que lavaremos os dentes todos os días, e repasaremos a táboa de multiplicar e comeremos todo o que haxa no prato. ¡Faremos caso de todo o que digan os papás! – intentou Ramón.
-Non pode ser. – cortou Ran – estanme esperando noutros sitios, non lles podo fallar.
-Pero… pero… - hipou un – pero … ¿Por que?
-Xa volo expliquei: son cousas do traballo. Ademais, non sei por que vos poñedes tan tristóns, ¡se en canto eu marche, virá Toño!
Ese comentario pareceu entristecer aínda máis aos rapaces, que a miraron cos ollos brillantes.
-Xa teño que marchar, o voo sae as 5:08. – anunciou – Portádevos ben mentres eu non estea, ¿dacordo? Xa veredes que ben o ides pasar con Toño, Erno e Vera.
Lucía sorbeu os mocos e dixo con voz tomada:
-¿Prometes que vas volver?
-Que si homiño, o 21 de xuño estarei aquí. Palabra. – dedicoulles un último sorriso entrou na porta de embarque.
E o verán marchou.
Cando o reloxo marchou as 5:09, ante os rapaces apareceu un home grande e de aspecto afable.
-Boas, son Toño.-presentouse o outono.
_____________________________________________________________________
Levo pensando esta entrada desde principios de agosto, por unhas cousas e outras, non me puxen con ela ata o de agora.
Rematou o verán. Rematou a troula, as tardes sen facer nada e o erguerse ás doce da mañá.
Destes tres meses quédome co aniversario, as tardes polo chanto e o malecón, os partidillos de fútbol nas que me metían tres ou catro goles mínimos, o concerto de Mika, as aceñas 2.0 e si, tamén cos ratos falando polo chat, aínda que só fora para dicir "abúrrome".
A canción que me soa na cabeza ao pensar no verán 10, é Lollipop e, como non, Os Piratas (... non gostamooos, dos mascatooos, pooorque baixan das alturas...).
O libro do verán é A praia dos afogados, de Domingo Villar.
O lugar... mm... Sarria/Vilasante/Castrelos.
A frase, "yo no soy marineerooo, soy un delfín!!!".
E o momento non entra neses tres meses, así que... deixoo o oco: _____.
Empezo o curso algo angustiada e cun baixón que, sorprendentemente, a medida que avanzan as clases, vai diminuindo.
Teño moitas cousas por facer nestes nove meses, o principal é non baixar as notas, tamén espero continuar ca revista (estreamos blog! pasádevos!!!) e poder ir visitar Andorra unha vez máis (profes! Eso depende de vós!!).
Pero tamén teño ganas de disfrutar o curso, de pasalo ben e de aproveitar o tempo.
¿Un propósito? - Estudar ó día.
En nove meses (270 días, en realidade), veremos en que quedou a cousa.
Pero non creo que faga falta esperar tanto se queredes saber máis das nosas andanzas polo Xograr. Decidimos contar no blog unha anécdota/frase diaria que marcara o noso día no instituto. A de hoxe, escollida por Sandra, é a seguinte:
-¿Onde está Eugenia?
-Cambiouse para música.
-¿Como o sabes?
-Non o sei, pero cruceime con ela e ía cunha flauta...
(os nomes empregados nas frases non serán os verdadeiros, por motivos obvios)
Todo por hoxe, ata loghiño!
3 sept 2010
Hipo de animais
O meu caderno de deberes de segundo de primaria era un dos obxectos que máis odiaba neste mundo. Era horrible ter que collelo cada tarde e poñerme a facer aqueles aburridos exercicios (xeralmente copiados ou series de números) que me roubaban marabillosos minutos de xogo.
Afortunadamente, de cando en vez, a profe mandávanos escribir un conto. Aquilo si que me gustaba, e moito. Facía os deberes con ilusión nesas tardes ocasionais, como a de aquel catro de maio na que escribín isto:


1 sept 2010
Homesick
20 ago 2010
Catro historias e un final
Un
Ábrese o telón e Sofía por fin ve o seu público. Varios centos de pares de ollos fítana con emoción, impacientes por escoitar a súa impresionante voz.
O director da orquestra comeza a abanea-los brazos e os instrumentos liberan por fin as primeiras notas. Sofía colle aire e fai vibrar as súas cordas vogais:
A emoción sae da súa gorxa, espallándose por todo o teatro e facendo cóxegas nos estómagos daqueles que están sentados nas butacas.
Dous
Auga. Non existe nada máis; só a auga que lle fala preto da orella. Os calos dos pés, a dor de cabeza, a avaría do coche, a vista cansa… todos desapareceron. Fóronse. Está flotando e a auga é o único que existe para el.
Tres
Dígollo ou non llo digo? Merda! Joé, se fose un pouco máis valente… pero non, son un covarde. Aínda así teño que dicirllo, teño que se valente por unha vez. Pero claro, se llo digo e sae mal, nada volverá ser coma antes. Ains…
Catro
Todos están xa no barco, rumbo dunha nova vida.
A auga inundará en poucos minutos as súas terras. Dentro de nada os seus fogares non serán máis ca fondo mariño.
Edna observa por última vez a súa casa dende a cuberta da embarcación. Non está triste, polo menos non moito. Só unha miga. Deixar a casa dóelle, pero a emoción de ir ver por fin o mundo compensa a mágoa.
—Coidado!—berra de súpeto un rapaz que andaba tamén pola cuberta.
—Que pasa?—pregunta Edna, pero xusto nese intre a pregunta vólve absurda; ela mesma pode ver a resposta.
Un golfiño xigante que dispara auga pola boca está atacando o barco. Todos corren, a pesares de que sospeitan que non servirá de nada.
E todas remataron…
…cando deixou de vir a auga quente.
19 ago 2010
Frases para a historia #1
18 ago 2010
No coche
16 ago 2010
Mika
10 ago 2010
16
Hoxe cúmprense quince anos dende o día no que María deixou claro que quería ser unha adiantada ó seu tempo tomando a decisión de vir ó mundo despois de só sete meses de xestación. Seguramente estaba cansa da súa monótona vida de feto —buceo, turismo uterino, alimentación umbilical e pouco máis—, así que pensou “Vou saír. Total, por dous mesiños de nada…” e botou fóra sen estar biolóxicamente preparada para facelo. Lamentablemente este adianto case lle custa a vida.“Era nova e inconsciente.” afirma María cun brillo nostálxico nos ollos cando se lle pregunta pola decisión que estivo a piques de devolvela ó limbo. “Tiña présa por saír e non me parei a medir as posibles consecuencias. Cando só levas uns meses sendo pluricelular tés outro concepto do paso do tempo.” aclara.Pero empezar no mundo con mal pé non lle impediu levar unha vida normal. Nestas liñas fago un repaso á súa vida en tres apartados dende o meu punto de vista, que é de todo menos obxectivo.ONTE:Ós tres anos comezou a ir á escola e, se ben non dominaba moito iso de “pintar sen saírse”, dende o primeiro día mostrou unha abraiante habilidade á hora de facer albóndegas de area. Claro que María non era só coñecida polas súas albóndegas: tamén estaban os vídeos deEl nuevo mundo de los gnomos, que levaba á clase a miúdo e que viamos todos sentados coma indios diante daquela tele que tiña un cu que metía medo.Os dichosos gnomos causábannos unha gran impresión, así que rematamos criando o verme do ecoloxismo nos nosos cerebros. Seguramente foi isto —outra explicación non vexo— o que nos levou a María e a min a colaborar cóbado con cóbado salvando paxaros mortos, tratando de criar xoaniñas en botes de Lacasitos e impedindo que un desalmado chamado Chirstopher asasinase cun pau de Chupa Chups unha miñoca.A ecoloxía uníanos, pero non todo eran flores entre nós. Nunha ocasión estabamos pintando un Bambi na clase. Eu quería facelo o mellor posible porque Bambi era un dos meus contos preferidos, así que movía a pintura despaciño e con coidado de non saírme. Volvinme cara o lado para ver que tal o estaba facendo María e comprobei con horror que, en lugar de pintar como había que pintar, ela estáballe facendo garabatos ó pobriño cervo. Eu collín e díxenlle “María, así non se pinta” e acto seguido mostreille como había que facer pintándolle no seu debuxo. Ela contestou cun berro seguido dun “Ahora te voy a pintar yo en el tuyo” e duns garabatos cargados de mala uva que chafaron o meu Bambi. Aínda non lle perdoei.O tempo pasou e a Educación Infantil quedou atrás, con todo o bo e todo o malo. María seguiu centrada nas súas series de televisión favoritas e seguiu demostrando que ser cabezona ten unha parte mala e unha parte razoablemente boa. Anécdotas da época? Soubo que a súa vesícula non funcionaba e que terían que sacarlla —isto ten unha historia digna de ser contada, pero mellor que a relate a protagonista—, elixiu a frauta traveseira como instrumento, aprendeu a nadar e a montar en bici, decidiu que quería ser xornalista, fíxose fan de LOVG, cambiou de casa sen cambiar de domicilio, descubriu a literatura fantástica, etc, etc, etc.HOXE:Que que fai María hoxe por hoxe? Pois sofre algunhas febres contaxiadas por min, como o potterismo ou o recente papatopismo. Pasa as horas de mal humor poñendo a caldo persoas que non lle caen moi ben para logo semiarrepentirse, e as de euforia enchendo unha carpeta que ten no escritorio do seu ordenador baixo o título de “Proxectos”. Ten un amor platónico que, para a súa desgraza, non existe. Pasa parte do seu tempo lendo e criticando/alabando o que le, así como buceando pola rede na procura de cousas interesantes. E outra parte do tempo invírtea en debater con todo aquel que se preste.MAÑÁ:Todo parece indicar que o futuro de María pasa por baleirar esa carpeta titulada “Proxectos”. Alí dentro hai máis paxaros ca no Avifauna de Outeiro de Rei. Viaxes, vocación fixa, un documental por rodar, dominio do esquí… O tempo falará.A min só me queda dicir: Felices 15 e que sigas enchendo e baleirando a túa carpeta! Espero poder botar unha man…