22.11.09

Dúas dos 60

Simplemente molan.


7.11.09

Unha lista de verán

Ultimamemente estoume interesando polo mundo das listas. Si, das listas. Enumeracións de cousas que teñen un punto en común. Que? Xa me teño interesado por cousas máis raras.
Todo vén por un personaxe dun libro que adora elaboralas, da igual para que sexan. Chamoume moito a atención (a parte de parecerme incriblemente orixinal) e agora estou facendo listas mentais continuamente. E resulta que é un bo método. Recoméndovolo para poñervos en orde.
E todo isto vén porque estaba repasando entradas do blog e caín na conta de que ultimamente fixemos varias entradas con listas de cousas. Unha desas listas estaba composta por 8 obxectivos para o verán que elaborei coa intención de mirar despois cantos acadara. Non me volvín acordar ata hoxe, pero mellor tarde ca nunca. Aquí está o balance:

1. Non perder a noción do día da semana no que me atopo. En canto deixo o horario escolar deixo de levar a conta dos días. Este ano espero que non me pase. Conseguido. Si que me perdín algún día pero polo xeral sabía a data.

2. Erguerme a unha hora prudente. Ás 11 estaría ben...Conseguido. Incluso me erguía ntes das 11 porque me sentaba fatal durmir de máis.

3. Escribir unha canción que sexa digna sucesora da miña primeira composición, o Mamut Patinador. Non sabería dicir se o conseguín. Escribín outra canción pero non outro hit, así que nunca podería suceder ó Mamut.

4. Codirixir unha curtametraxe (con María, claro). Non conseguido. Claro que si que escribimos o guión, e xa é algo. Ademais argallamos outro proxecto similar que si que imos cumplir e moi pronto.

5. Levar unha vida menos sedentaria. Conseguido. Pasei moito menos tempo na miña casa.

6. Empezar a superar a vagancia á hora de escribir.Non conseguido. Nin intentado, que é o máis grave.

7. Iniciarme no mundo dos fogóns. Non conseguido. Se antes era unha analfabeta nese mundo, podo dicir que xa me ensinaron dúas outres letras pero non máis.

8. Serguir evolucionando no mundo da ironía e a retranca. Conseguido. O meu humor espontáneo tivo boas críticas.

16.10.09

Álvaro Carmona

Acabo de ver as dúas actuacións deste xenio (igual é pronto para chamarlle así, pero eu cando sexa grande xa quero ser coma el) en BNF e estou flipando. Podería encher a entreda cos adxectivos que se me ocorren para describilo pero case que vos deixo cos vídeos:




Se vos interesa moito tedes a segunda actuación completa por aquí, que polo momento non está en You Tube.


7.10.09

Coronel

Eu, que me declaro mega-fan de LOVG, non podo crer que todavía siga atopando cancións deles que ou non coñecía ou non lles dera a importancia que merecen na lista de favoritos.
Esta é unha delas, desfrutádea. Penso que é unha das cancións máis fermosas que escoitei.


Non ten videoclip, xa que saiu no disco de Más Guapa e ao pouco de saír ó mercado Amaia anunciou que deixaba o grupo.

1.10.09

Eu quería ser...

Ostras! Xa nin me acordo de cando foi a última vez que me pasei por aquí con intención de escribir algo minimamente extenso. Hoxe aproveito que teño certa hiperactividade neuronal para deixar algo e que non se diga que son unha vaga.
Hoxe toca entrada sobre as miñas múltiples vocacións. Foron tantas que seguro que se me vai pasar algunha, pero non me vou esquecer das máis pintorescas. Fágoo a modo de lista para non me perder.

1. Carpinteira. Quería ser carpinteira porque o meu avó facía cousas de madeira e a min encantábame "axudarlle". Aínda por riba tiña unhas ferramentas de xoguete coas que simulaba arranxar calquera cousa que se me puxese por diante e un lapis de carpinteiro que sempre poñía riba da orella.
2. Médica/Enfermeira. Esta é unha vocación bastante común. Supoño que xurdiu a raíz dunha quincena que pasei ingresada no hospital.
3. Cantante. De pequena era un pouco Marisol. Encantábame cantar, e cando ía a unha comida familiar poñíame a cantar calquera cousa que se me ocorrese. Entre o meu repertorio estaban cancións como A saia da Carolina, Un elefante se balanceaba, A rianxeira e outros temas que ruborizan ó meu "eu" actual, que musicalmente tende ó indie e que non ten nada de relixioso.
4. Profe de infantil. Xurdiu nada máis empezar en infantil e tal e como chegara, foise.
5. Oficinista. En realidade era "Asesor Fiscal", pero como me facía un lío ó dicilo dixeino en "oficinista". A verdade é que só me gustaba porque se traballaba con ordenador.
6. Futbolista. Foi cando o Celta veu a Sarria. Sempre me gustou o fútbol, sobre todo xogar. Non é raro que quixese formar parte del.
7. Ciclista. Se hai un deporte que se vexa na miña casa é o ciclismo. A parte diso eu era unha artista do pedal. Por certo, que o meu ciclista favorito era Fernando Escartín. Non vos soa de nada? É que nunca foi importante...
8. Exploradora. Ter unha infancia influenciada por documentais e vídeos dos Gnomos sacou de min as ansias de descubrir o mundo.
9. Escritora de contos. A miña ópera prima O patiño Dupi gañou o concurso de contos da clase e aí foi cando pensei que se me podía dar ben.
11. Pianista. Daquela que aprendín a facer as escalas coas dúas mans e sen mirar.
12. Cociñeira. Todo larpeiro ten as súas tentacións de darlle ós fogóns, non ía eu ser menos.
13. Política. É o que ten prestar atención ás noticias. Algo sempre se pega.
14. Xornalista. Foi a única que durou anos e iso marca. De feito non hai moito que quería asomarse de novo, pero houbo algo que me deu para atrás. Ademáis, só me gustaría ser xornalista no caso de poder facer as cousas ó meu xeito, algo pouco probable.
Dende esas non atopei nada que me convencese de verdade. Saiume vea de cantautora e de humorista, pero non é nada serio. Todo quedará nunhas cantas cancións cómicas a capella e no meu humor espontáneo que pretende ser irónico con tintes de retranca.
Aínda así esta indecisión non me preocupa. Todo chegará. O proble é cando alguén me pregunta "Sandriña, ti que queres ser?".

14.9.09

Outro verán que se acaba

A verdade é que unha parte de min ten ganas de empezar o instituto, a parte que ten ganas de volver ver á xente, empezar ca revista deste ano, facer novas excursións, vaia a parte que sabe que no fondo na clase pásao ben.
Pero entón entra en acción a parte que se agarra ás vacacións con uñas e dentes, esa parte á que lle encanta erguerse as doce e sabe que eso se vai acabar, a que sabe que se acaba a boa vida e que toca estudar e traballar.
Como vedes, eu non vexo o vaso nin medio vacío nin medio chego. Soamente o vexo pola metade.
O certo é que este verán non foi tan divertido como o anterior, pero tamén tivo cousas boas, cousas moi boas.
As festas de San Xoan, Desbandada, O Guión, Papá Topo, A Miña Nova Teima, as tardes falando de fantasías que-poden-ser, Asturias, Sálvame (¿que? ¡ten o seu punto!), LOVG, Aceñas, Vilasante, Cumpleanos...
Tamén houbo cousas non-tan-boas, pero desas non quero que quede nada escrito, porque así son máis fáciles de esquecer.
Deixovos cun vídeo cortiño con algunhas das fotos que, para min, describirían este verán. A idea principal era facer un collage con Picasa, pero leva uns días rebelde e non quere gardarmos.
A canción, por suposto é a do grupo do verán: Papá Topo!

video

Agora soamente queda desexar que as pilas estén ben cargadas para poder aguantar o que se nos ven enriba.

12.9.09

Estamos vagas

Parece ser que non hai ansias de escribir. Son cousas que pasan...


Déixovos con Papá Topo!, dos que nos declaramos fans nós as dúas. Aínda están no instituto pero parece ser que dentro dun ano teremos un disco seu na rúa.

A primeira canción é posiblemente a miña favorita deles (pola melodía e porque me identifico coa letra) e a segunda é Oso Panda, o seu gran hit.



25.8.09

De excursión

Onte pola tarde marchamos uns cantos de camiñata ás Aceñas. En realidade, non teño claro se é Aceñas ou Aceas... o caso é que é unha aldea de Sarria na que abriron unha ruta fai un ano.
Consecuencia: dóenme todos os músculos da cadeira para abaixo.
Tivemos moita sorte, onte estivo medio nublado todo o día e ata choveu un pouco, pero ó final puidemos saír.
Moitos kilómetros andandos, algunha anécdota desagradable e varias fotos.

No lugar de salida, a zona dos colexios. A Sandra ocorréuselle a gran idea de traer un mapa, ¿cal foi o problema? O mapa remataba antes de empezar o camiño...


No principio da ruta. Xa levábamos un cacho andado, ainda hai un ratiño dos colexios ata ahí.

Pasito a pasito...
Primeira parada


Maríííía, abre os ollos que vas caeeer.

Chegando ó final da ruta, unha paradiña para facer algún dos obstáculos (eu non din).


No final da ruta, metémonos ao río, por desgracia, non caeu ninguén... Queríamos facer unha foto desde a ponte, pero non demos e fixérasenos tarde. Eu quería ir pola ruta que abriron fai pouco para volver ¡¡pero non quixeron e demos a volta polo mesmo sitio polo que fóramos!!


A parada final xa á salida. Íamos rebentados ¡¡e a Sandra veeeña a apurarnos!!

Por certo ¡¡parece que volveron as miñas ganas de escribir ¡¡graaazas ó ceo!! Estes días estaba moi vaga...
Hoxe non me apetecía facer unha presentación, penso que queda mellor así. ¡Ah! E a Sandra sae en poucas fotos porque desta vez (raro, raro) fixo ela as fotos.

22.8.09

Peligro, muerde!

Hoxe veño cunha das miñas innumerables preguntas. Era unha entrada que tiña pendente de fai tempo pero que non me animaba a escribir porque non sabía como facelo, de feito ainda non sei se o farei ben..., pero o outro día pasoume un caso que me terminou de convencer de escribila.
Estaba dando un paseo polo malecón cunhas amigas e sentamos nun banco a comer unhas golosinas e a falar.
Eu estaba á miña bola mirando para o río cando unha señora e un señor pasaron por diante de nós, eu sen darme conta sigoos coa mirada e nesto que a señora se me xira e se me queda mirando cuuunha cara... ahí é onde se aplica o de "se as miradas matasen eu xa estaba baixo terra". Xuro pola miña vida que non lles fixen nada ¡nada! Tal medo me meteu que ata mirei para atrás pensando "igual non me está mirando a min..." pero o caso foi que me miraba a min, despois deuse a volta e seguiu andando e eu ¡nin a boca abrira!.
Cando se foi tivemos unha pequena conversa, non recordo exactamente, pero foi algo así:
Eu: eu flipo a colorines...
Tania: ¿que?
Eu: a señora aquela que vai alí, acabame de botar unha mirada...
Sandra: ti pasa, nestes casos "sorisos, oidos xordos e máis sorisos".
Penso que non son unha persoa que lle falte o respecto a ninguén, sempre intento ter bos modos cos adultos e procuro falar con boas formas pero parece que polo simple feito de ser adolescente xa teño que ter unha navalla no bolsillo ou que sei eu. Vale, igual esaxero pero nese momento molestoume moito.

E é sempre a mesma historia, igual vas a algún sitio onde non te coñecen (porque eso si, se te coñecen sempre moi ben) e xa parece que levamos o cartel de "peligro, muerde" colgado.
Igual hai quen di "é que só polas pintas..." eu contesto, ademais de que penso que cada un que vaia como queira, non creo que eu teña "esas pintas" que se di, que supoño se refiren a percings, algunha tatuaxe, os pantalóns "cagados"...

A pregunta é a de sempre: ¿por que? ¿en que momento deixamos de ser "nenos riquiños" ou "trastes" para convertermonos en posibles delincuentes? ¿quen me da as resposta? Eu non as atopo.

Que tampouco ninguén se vaia pensar que somos uns anxos (¡ja!). Ese mesmo día, un pouco antes, tiven que mandarlle calar a outro amigo. Iamos pola rúa detrás duns "roncos do xamón" moi emperiquitados que saían do supermercado e debía levar bebidas porque el puxose a medio berrar "botellóoonn" total, que penso que ata nos colleron medo...
Siii, xa sei que é culpa de cousas como esas que a xente nos mire dese xeito, e que boa parte da culpa é nosa pero uns por outros e a cada cal mellor...
Unha cousa: que ninguén se vaia dar por aludido posto que non teño ningún problema cas persoas (polo menos coñecidas) que len este blog nese sentido, a xente que se mencionan nesta entrada son descoñecidos. E as cousas que digo son froito da miña cabeza tola, que está a reventar de preguntas; da frustación; da mala uva e do aburrimento. Xa me coñecedes, igual me paso un pouco...

Pdta.: a imaxe é unha mostra das miñas andanzas con Picassa, programa recomendado por Sandra (se non o digo díceo ela nos comentarios, así que...)

17.8.09

Asturias, la tierra de los olores

Volvín das mini-vacacións por Asturias. Visitei a aldea do "Doctor Mateo" chamada Lastres na realidade, máis coñecida como San Martín del Sella; "Los cubos de la memoria" de Agustín Ibarrola, en Llanes; varios bufones que non bufaban porque non era época, "La Cuevona" unha aldea na que a única maneira de entrar era pasando por unha cueva, ¡¡que maliña me vin ese día!! ¡que cuuuuurvas para chegar! pensei que botaba ata a primeira papilla; Ribadesella, miña irmá e meu pai tamén visitaron o "Museo del Jurásico de Asturias" eu non puden dábame voltas tooooodo pero seica non perdín gran cousa, algo de praia...
Pero non todo vai ser bo... ais... son algo porcos: ías camiñando pola zona do paseo marítimo de Ribadesella e estaba a rebentar de restaurantes con cubos para tirar a sidra que sobra de cando se escancia pero o malo non era eso (que tamén, porque ¡vaia cheiro!), o peor era que había bares que nin cubos nin nada ¡¡ó chan, que para eso está!! e ti ías camiñando e tooodo o rato un cheiro a sidra por todos lados e todo emporcado, puajj.
A verdade é que o meu problema nesta viaxe foron as comidas: dunha vez comemos dentro e apestaba todo a sidra (ata dentro dos locales), doutra vez déronme unha chuleta de tenreira que estaba crúa e xuro por deus que non esaxero, aínda teño dúbidas de se estaría cociñada e por se non fora pouco ¡¡ó día seguinte pido unha hamburguesa e volve estar crúa!!

Claro que tampouco foi todo malo (pon cara de tonta e solta) ¡¡fun a ver a La Oreja de Van Gogh!! Aínda o estou dixerindo, creo que todavía non mo creo =) Foi de pura chiripa, o día antes de marchar entrei na web oficial e deume por mirar a axenda e os concertos que tiñan os días que eu estaba fora e foi en plan "Maaa, cuanto hay de Ribadesella a Torrelavegaaaa".
¡¡Ata conseguimos estar en primeira fila!! E se non fora polo mastodonte que tiña ó lado sería perfecto.
Foron tan tan tan puntuais que me impresionaron, as 22:30 empezou a música, tal e como tiña que ser.
Ó único que non conseguín ver ata ó final foi a Haritz, porque había un macro-altavoz diante que me tapaba toda a visión.
Tocaron todas as canción do disco novo e algúns dos éxitos antigos e eu, oobbviamente canteinas todas a toooodo pulmón =D
Non había moita xente, pero nos vídeos que hai a continuación vese que valíamos nos por todos os que pode haber nun macroconcerto.

Algunhas fotos e algún vídeo:



Os vídeos non teñen moi boa calidade, pero oe, para escoitalos ben ¡xa está o disco!

EL ÚLTIMO VALS
video

JUEVES (non se entende ven o principio, Leire di que está dedicado a Patricia)
video


Actualizado: mm... non sei que pasou, creo que esgotei o máximo de vídeos por entrada :s Pois que pena, quería ensinarvos "Muñeca de trapo" na voz de Leire, claro que tampouco se oía moi ben. ¡Buscádeo en Youtube!