18 mar. 2011

S17

Nos últimos catro días, estivo no meu escritorio unha carpeta chamada "S17" que, pouco a pouco, se foi enchendo de metralla para celebrar os dezasete anos de Sandra.
A verdade, é difícil decidir qué regalarlle: os que a coñecemos sabemos que é unha persoa... á que é difícil conseguir "impresionar".
O primeiro no que pensamos, foi un regalo seguro: algún dos libros da súa estantería de desexos de aNobii. Marchamos a por el e, aínda que non conseguimos o que queríamos, fixémonos con outro dos da lista: Tobi Lolness.
Sen embargo, o regalo parecíanos algo cutrillo, e dixemos "hai que poñerlle algo máis". Así que tocou volver a pensar... e eu dixen "e se lle facemos un CD no que metamos cancións que lle fagan recordar momento vividos por todos nós???", e Pablo dixo "si! e tamén podíamos engadir a canción esta que fixera... como era? ah, si! o Mamut Patinador!", e Abella soltou "ui, si! e tamén lle gravamos un videoclip!". Esta idea, tras unha serie de intentos desastrosos, non chegou a ver a luz (por sorte para a humanidade).
... e así foi como, tres días antes do aniversario, nos xuntamos todos para berrarlle ó micro "Mamut Patinador, fíxose labrador,
agora xa se ergue caaaando sae o Sol!"
O deseño CD (todo o hai que dicir, aínda que vaia contribuir ao aumento do ego dalgún...) quedou realmente bonito, moi currado y moi "estilo Sandra".
Ademáis, fixemos un pequeno vídeo (que podedes ver abaixo) como plus.

Este venres, (de feito foi fai unhas poucas horas) saímos a dar unha volta e logo de que tirara cun vaso e regara a alguén (como é costume cada venres), no momento no que lle entregamos o libro, Sandra mirounos e dixo: (que pensades que fixo? chorar de emoción? sorprenderse? dicir que non o podía aceptar?! NON! Seguide lendo para descubrilo):
-Xa sabedes que non me gusta que me regalen cousas.
Logo da indignación colectiva, explicouse:
-É que non sei que cara poñer cando me dan regalos!
Abriu o paquete e viu o libro. "Oh! Que bonito! Moitas gracias! e blablabla!"
Pero o que realmente non se esperaba era o segundo regalo. Non sei se a cara foi finxida ou non, pero creo que en case 17 anos xuntas, esta foi das primeiras veces nas que conseguimos "impresionala de verdade". Fixemos algunhas fotos do momento, se valen a pena prometo ensinárvolas.
O CD contén un total de 16 cancións e a canción do Mamut (17 en total :p) e cal é o título? Pois o único que se lle pode ocurrir a unha persoa logo de pasarse dúas horas facendo límites:
"Límite cando Sandra tende a 17"

As cancións que eu puxen foron "Love Today" e "My Family's Role in the World Revolution", como recordo a 4º da ESO e do Xograr en xeral, "Oso Panda!", pola súa enerxía positiva; "A Window to the Past" como guiño a un dos conectores que fixo que volveramos entablar relación fai un anos e "O Futuro da Navegación", como lembranza do verán 2010 e de bucarracho". As explicacións máis extensas xa as ten ela ^^.
E chegados a este punto, non teño moito máis que dicir que non se diga no vídeo. Pero en resumo:
Sandra, non son 17 aniversarios xuntas, son case 17 anos (e non, non é o mesmo, que dito en anos soa mellor, e xa nin che conto o ben que soa en días!). Berramos a diario (varias veces), discutimos, pelexamos e pensamos diferente; pero debe de haber algo forte que nos une, para seguirnos dirixindo a palabra (uns días máis que outros) logo deste tempo.

Se queredes saber o mal, mal, fatal que nos cae a homenaxeada, clicade no vídeo de abaixo!


FELICES 17, SANDRA!

4 comentarios:

  1. 1. É o segundo ano que a entrada de felicitación sae publicada o día 18 ¬¬
    2. Intentos de videoclip??!? QUERO VELOS!
    3. En galego a terceira e a primeira persoa do singular do pluscuamperfecto coinciden. Dá a impresión de que o vaso o tiraches ti :p
    4. Non son difícil de sorprender!
    5. De veras que non sei que cara poñer!!
    6. Grazas.
    7. É cutre facer esto así, con puntos, pero a estas horas é o menos complicado...

    ResponderEliminar
  2. Aaaajá.
    Pois os intentos de videoclip tenos Tania na cámara. Iamos gravalo na ponte do malecón. Empezaba Alberto, que viña paseando ca capucha posta. Parábase diante da cámara e dicía "un, dous, un, dous tres". Non teño claro como chegamos ó "ains, vais, trains". Básicamente, a idea non seguiu adiante por falta de tempo, porque chovía e porque non eramos capaces de aguantar a risa máis de medio minuto.

    ResponderEliminar
  3. Veo que este año me perdí el cumpleaños, pero como todos los santos tienen octava ¡felicidades Sandra! ¡quién pillara esos 18 años!... ¡pero que mayores vais! así que no me extraña que yo sea una jubilauta.
    Bueno venía para decirle a María que le toca seguir el cuento de Compartiendo, le pasó el testigo Piedad, espero que leas esto, de todas formas avisaré a tu mamá.
    Abrazos.

    ResponderEliminar
  4. ¡Maríiiiiiaaaaaaa! ¿por dónde andas? haz un esfuerzo y pásate por la plaza con unas cuartillas escritas..... ¡te esperamos!.
    Abrazos.

    ResponderEliminar

Os cinco primeiros en comentar recibirán gratis e sen compromisos un marmolubio da mellor calidade.