30 jul. 2010

Verídico

E entón dixen:

"Estívenlles ensinando Historia ás miñas alumnas. Agora xa saben cando termina e cando acaba cada unhas das Idades"


28 jul. 2010

Chocolate, fresa y nata...

Se vades ao apartado de "O blog" atoparedes unha explicación do por que empezamos Ollos dende cero. Un dos motivos é "porque os puntos de vista evolucionan".
Sen embargo, non todos. Fai algo máis dun ano (creo ata me atrevería a dicir que foi o 16 de xullo de 2009), nunha chamada online con Sandra, ela non paraba de tararear algo como "Oso panda, oso panda, dime por dónde andas, dime por dónde andas, por favoooor".
Ese día coñecín o grupo Papá Topo!. E non tardamos en adicarlles unha entrada no antigo Ollos no que vos amosabamos algunhas das súas cancións.
Daquela xa estaban en tratos con algunha discográfica, pero toda a súa música era feita por eles.

Un ano máis tarde, estes chavalines están en vías de facer un CD e con dous videoclips xa feitos, a cada cal máis orixinal (e digoo completamente en serio, son do mellorciño que vin).
E un ano máis tarde, sigo sen cambiar a miña opinión: molan.
Non podo evitar sentirme orgullosa deles (??).

Velaquí os dous videoclips:
O primeiro foi Oso panda. Chocante é dicir pouco.

E despois veu Lo que nos gusta del verano es poder tomar helado.
Despois de velo intentei aprender a coreografía do final... e non fun capaz...

¿Cal vos gusta máis?
Eu elixo Lo que nos gusta del verano espoder tomar helado!

15 jul. 2010

Vagancia e Ataque Escampe

A vagancia perségueme e, lamentablemente, non sempre son máis rápida. Hoxe quería escribir unha entrada longa sobre calquera das cousas que manteñen ocupada a miña mente nestas noites de insomnio estival, pero veu ela e pilloume, e non houbo maneira.
"Hoxe non non escribo" pensei, mais a miña elefantada memoria advertiume que iso xa o pensara onte, antonte e o día anterior. Decidín escribir esta explicación para non sentirme tan vaga e, xa de paso, engandir unha recomendación musical:
Pra che falar de amor de Dobarro, por Ataque Escampe.



Máis Ataque Ecampe aquí e aquí. Botádelles unha orella, que nestes días de calor sentan de marabilla.

11 jul. 2010

Unha frase suicida: Non me gusta o fútbol

Nunca me gustou.
Se o analizas fríamente, trátase de vintedous (¿?) tíos correndo detrás dunha pelota.
Cando o digo, acostuman a dicirme que é porque "non entendes", pois será que non entendo, logo.
Non me gusta xogar ó fútbol.
Non me gusta ver un partido na televisión, póñome demasiado nerviosa e pasoo mal, por non falar dos comentaristas, que me crispan.
O único que podo encontrar minimamente interesante é ver un partidillo entre amigos (e eu non me animaría a participar).
No noso país, este deporte sempre tivo máis importancia, pode que máis aínda dende a victoria na eurocopa de fai dous anos.
Hoxe o telexornal de Telecinco dedicou todo o tempo a La Roja, o cal por unha parte me parece xenial, porque estou farta de escoitar falar de coches espetados contra muros á hora da comida. O que non me parece tan ben son os calificativos como o de heroes, cando aos verdadeiros heroes (como poden ser os soldados que regresan de traballar na guerra, ou un home que salva a unha nena de ser atropelada) apenas se lles dedican cinco minutos.
Case non vin os partidos do mundial, de feito creo que non cheguei a ver ningún enteiro. Escoito ao meu arredor frases como "Neste partido non xogaron como eles saben" ás que non respondo, porque non sei se son verdade.
Durante estes días leváronse a cabo diversos ritos... dente o Pulpo Paul ata os chamanes de Perú. ¿E que contestan os xogadores a esto? Algo sorprendentemente lóxico: "Es un pulpo".
Vamos a deixarnos de tonterías supersticiosas. O partido de hoxe non se gañará polo que diga un pulpo ou se vamos todos os españois de vermello: o partido vaise gañar se os xogadores xogan como saben xogar.
Non me gusta o fútbol, sen embargo, hoxe vou ver o partido, creo.
Porque toca. Porque non é calquer partido. Porque tampouco ía ter outra opción.
A miña porra: ESPAÑA 2 - HOLANDA 1

6 jul. 2010

De medo

É verán. Vai moitísima calor. E eu teño que pasar a selectividade.
O lugar do exame son As Termas, na zona dos cines, pero en lugar de cines, hai aulas interminables con moitos, moitos pupitres. Xunto ás mesas, hai mini-dragóns de lume que coidan de que non copies.
Eu estou a un par de mesas de Tania e á dereita de Sandra, con quen podo falar se non é para comentar algo do exame.
O exame é de bioloxía e matemáticas. Empezo a facelo e parece que a cousa vai ben.
Borrón
Dalgún estrano xeito, fágome amiga do mini-dragón que me custodia, e dun momento a outro atópome voando pola habitación.
Cando aterrizo, os exames comezan a arder e escóitase un "Ooooohhh/eeeehh" de queixa xeneral. Pero o profesor di que non pasa nada e reparte outros exames, esta vez, soamente de bioloxía e parece que me sae bastante ben.
Ao saír do exame falo con Tania:
-¿Que tal che foi?
-O de Bio ben... pero había algún exercicio no de mates que non me saia e...
-¿O que? ¿Como que de mates? ¿Pero non era soamente de bioloxía?
-¿Que dis? ¡Era de mates, bioloxía e inglés!
E entón empezo a desesperarme, porque non vou aprobar a selectividade, porque para periodismo piden unha nota moi alta e porque son unha parva que non mirou a outra cara do folio.
Pero de súpeto recordo algo, un invento maravilloso que se sacaron do bolsillo fai pouco: ¡os exames de subir nota!
E penso "ó mellor podo subir nota en música".
Entón comezo a buscar ao profesor que supervise ese exame, que se da a casualidade de que é o director da banda, e suplícolle de rodillas:
-Jose, por favor, por favor -case chorando- deixame facer o exame, por favor, que vou suspendeeeeer, por favooooor....

Pi, pi pi pi, pi pi pi.

E o meu amado espertador sácame dese terrible pesadelo.


Un dos meus últimos pesadelos. Outro día, se queredes, cóntovos o das babosas que saen do tellado e medran se comen portas, ou dos ranchos voadores.

Estou segura de que os pesadelos se forman a partir de situacións que viviches ó longo do día ou dos últimos días. Eu por exemplo asocio este pesadelo a que xusto ese día escoitara falar a alumnos da selectividade no instituto, a que fora o día anterior As Termas e quería ir ó cine, e a que vira un dragón no último trailer de Harry Potter.
Esperteime moi angustiada e co corazón baténdome fortemente contra o peito. O certo é que a selectividade e todo o que virá despois é un tema que me preocupa moito, máis polo que será e non polo como o farei.

Dende fai algo máis dun ano vexo que todo pasa demasiado rápido, e que non me da tempo a coller a cousas. E si, por que non dicilo: teño medo.
Medo de perderme cousas, de deixalas a medias ou sen facer. De cometer un erro que me condicione irremediablemente. Medo de elixir mal. Pero sen dúbida, ao que máis medo lle teño, é a perder.

2 jul. 2010

Renacemos

Hoxe nace Ollos de cores 2.0. Todo o que cabería explicar na entrada de presentación está aquí e aquí, así que, sen máis, corto a cinta inaugural da versión mellorada deste blog bipersoal. E a publicar entradas se dixo!