11 jul 2010

Unha frase suicida: Non me gusta o fútbol

Nunca me gustou.
Se o analizas fríamente, trátase de vintedous (¿?) tíos correndo detrás dunha pelota.
Cando o digo, acostuman a dicirme que é porque "non entendes", pois será que non entendo, logo.
Non me gusta xogar ó fútbol.
Non me gusta ver un partido na televisión, póñome demasiado nerviosa e pasoo mal, por non falar dos comentaristas, que me crispan.
O único que podo encontrar minimamente interesante é ver un partidillo entre amigos (e eu non me animaría a participar).
No noso país, este deporte sempre tivo máis importancia, pode que máis aínda dende a victoria na eurocopa de fai dous anos.
Hoxe o telexornal de Telecinco dedicou todo o tempo a La Roja, o cal por unha parte me parece xenial, porque estou farta de escoitar falar de coches espetados contra muros á hora da comida. O que non me parece tan ben son os calificativos como o de heroes, cando aos verdadeiros heroes (como poden ser os soldados que regresan de traballar na guerra, ou un home que salva a unha nena de ser atropelada) apenas se lles dedican cinco minutos.
Case non vin os partidos do mundial, de feito creo que non cheguei a ver ningún enteiro. Escoito ao meu arredor frases como "Neste partido non xogaron como eles saben" ás que non respondo, porque non sei se son verdade.
Durante estes días leváronse a cabo diversos ritos... dente o Pulpo Paul ata os chamanes de Perú. ¿E que contestan os xogadores a esto? Algo sorprendentemente lóxico: "Es un pulpo".
Vamos a deixarnos de tonterías supersticiosas. O partido de hoxe non se gañará polo que diga un pulpo ou se vamos todos os españois de vermello: o partido vaise gañar se os xogadores xogan como saben xogar.
Non me gusta o fútbol, sen embargo, hoxe vou ver o partido, creo.
Porque toca. Porque non é calquer partido. Porque tampouco ía ter outra opción.
A miña porra: ESPAÑA 2 - HOLANDA 1

2 comentarios:

  1. A miña opinión con respecto ao tema futbolístico resumida en dous puntos:

    1. O fútbol mola, pero non máis ca outros deportes que non saen nas noticias.
    2. O que se monta ao seu arredor é terrorífico.

    ResponderEliminar
  2. O fútbol ten un compoñente irracional que é o que fai que moita xente o siga, sen eso, non ten gracia (hai poucos partidos que ofrezan verdadeiro espectáculo). De ahí é de onde saen cousas coma as do pulpo.

    ResponderEliminar

Os cinco primeiros en comentar recibirán gratis e sen compromisos un marmolubio da mellor calidade.