28 jul 2010

Chocolate, fresa y nata...

Se vades ao apartado de "O blog" atoparedes unha explicación do por que empezamos Ollos dende cero. Un dos motivos é "porque os puntos de vista evolucionan".
Sen embargo, non todos. Fai algo máis dun ano (creo ata me atrevería a dicir que foi o 16 de xullo de 2009), nunha chamada online con Sandra, ela non paraba de tararear algo como "Oso panda, oso panda, dime por dónde andas, dime por dónde andas, por favoooor".
Ese día coñecín o grupo Papá Topo!. E non tardamos en adicarlles unha entrada no antigo Ollos no que vos amosabamos algunhas das súas cancións.
Daquela xa estaban en tratos con algunha discográfica, pero toda a súa música era feita por eles.

Un ano máis tarde, estes chavalines están en vías de facer un CD e con dous videoclips xa feitos, a cada cal máis orixinal (e digoo completamente en serio, son do mellorciño que vin).
E un ano máis tarde, sigo sen cambiar a miña opinión: molan.
Non podo evitar sentirme orgullosa deles (??).

Velaquí os dous videoclips:
O primeiro foi Oso panda. Chocante é dicir pouco.

E despois veu Lo que nos gusta del verano es poder tomar helado.
Despois de velo intentei aprender a coreografía do final... e non fun capaz...

¿Cal vos gusta máis?
Eu elixo Lo que nos gusta del verano espoder tomar helado!

1 comentario:

  1. Só pola ousadía de mesturar esas letras megainfantís con videoclips tan bestias (homicidio nun, suicio no outro) xa merecen toda a miña admiración. Se a iso lle sumamos que non hai quen se despegue das súas melodías... teño que declararme fan!

    E aquí outro vido máis molón aínda, tamén de temática suicida:
    http://www.youtube.com/watch?v=nzpuK1VzULM

    ResponderEliminar

Os cinco primeiros en comentar recibirán gratis e sen compromisos un marmolubio da mellor calidade.