6 jul 2010

De medo

É verán. Vai moitísima calor. E eu teño que pasar a selectividade.
O lugar do exame son As Termas, na zona dos cines, pero en lugar de cines, hai aulas interminables con moitos, moitos pupitres. Xunto ás mesas, hai mini-dragóns de lume que coidan de que non copies.
Eu estou a un par de mesas de Tania e á dereita de Sandra, con quen podo falar se non é para comentar algo do exame.
O exame é de bioloxía e matemáticas. Empezo a facelo e parece que a cousa vai ben.
Borrón
Dalgún estrano xeito, fágome amiga do mini-dragón que me custodia, e dun momento a outro atópome voando pola habitación.
Cando aterrizo, os exames comezan a arder e escóitase un "Ooooohhh/eeeehh" de queixa xeneral. Pero o profesor di que non pasa nada e reparte outros exames, esta vez, soamente de bioloxía e parece que me sae bastante ben.
Ao saír do exame falo con Tania:
-¿Que tal che foi?
-O de Bio ben... pero había algún exercicio no de mates que non me saia e...
-¿O que? ¿Como que de mates? ¿Pero non era soamente de bioloxía?
-¿Que dis? ¡Era de mates, bioloxía e inglés!
E entón empezo a desesperarme, porque non vou aprobar a selectividade, porque para periodismo piden unha nota moi alta e porque son unha parva que non mirou a outra cara do folio.
Pero de súpeto recordo algo, un invento maravilloso que se sacaron do bolsillo fai pouco: ¡os exames de subir nota!
E penso "ó mellor podo subir nota en música".
Entón comezo a buscar ao profesor que supervise ese exame, que se da a casualidade de que é o director da banda, e suplícolle de rodillas:
-Jose, por favor, por favor -case chorando- deixame facer o exame, por favor, que vou suspendeeeeer, por favooooor....

Pi, pi pi pi, pi pi pi.

E o meu amado espertador sácame dese terrible pesadelo.


Un dos meus últimos pesadelos. Outro día, se queredes, cóntovos o das babosas que saen do tellado e medran se comen portas, ou dos ranchos voadores.

Estou segura de que os pesadelos se forman a partir de situacións que viviches ó longo do día ou dos últimos días. Eu por exemplo asocio este pesadelo a que xusto ese día escoitara falar a alumnos da selectividade no instituto, a que fora o día anterior As Termas e quería ir ó cine, e a que vira un dragón no último trailer de Harry Potter.
Esperteime moi angustiada e co corazón baténdome fortemente contra o peito. O certo é que a selectividade e todo o que virá despois é un tema que me preocupa moito, máis polo que será e non polo como o farei.

Dende fai algo máis dun ano vexo que todo pasa demasiado rápido, e que non me da tempo a coller a cousas. E si, por que non dicilo: teño medo.
Medo de perderme cousas, de deixalas a medias ou sen facer. De cometer un erro que me condicione irremediablemente. Medo de elixir mal. Pero sen dúbida, ao que máis medo lle teño, é a perder.

4 comentarios:

  1. O teu dementor sería o teu exame de selectividade suspenso?

    ResponderEliminar
  2. Pois nunca o pensara así... pero creo que non. Probablemente sería verme a min mesma dentro duns anos e comprobar que non fixen nada

    ResponderEliminar
  3. alberto lebón (que non é lambón)8/7/10, 13:49

    bueno pois despois disto vexo que che apasiona Harry Popopotter, ir as Termas e ó cine (cousas nas que coincidimos), pos nada, ser o soño é algo rariño pero bueno son se poden controlar, así que hai que aguantar co que apareza cando se desperta.

    ResponderEliminar
  4. Na, se eu aguantar aguanto ben. No fondo (mooooi moi no fondo) pasoo ben. Onte soñei que estaba nun barco de piratas e que me secuestraban... O bo dos soños é que podes facer cada cousa... tiñas que ver os pedazo saltos que pegaba!! ^^

    ResponderEliminar

Os cinco primeiros en comentar recibirán gratis e sen compromisos un marmolubio da mellor calidade.