Nós

María:
Posuidora do don-desgraza da cabezonería e emprendedora crónica. É borde, responsable, ten boa letra e quere ser xornalista. Defende que a vesícula é un órgano vestixial, declárase fan da ensaladilla (especialmete da de súa avoa) e non agocha a súa devoción por Belén Esteban (Edito: cada vez menos...). Encántalle La Oreja de Van Gogh, gústalle ler, mólalle a informática e ten unha cadela de cor beige que inexplicablemente se chama Blanca. 



Sandra:
Fai dous anos describíase como “crítica, especialista en debates, xornalista, lectora, miope, delicada de estómago, sabichona”. Pouco cambiou o conto… Poderíase agregar… insistente, escandalosa, espontánea, cotilla?, despistada, adicta á música e fan das mañás de frío. Non sabe o que quere ser (de profosión) e tampouco lle preocupa moito. Desfruta dándolle voltas ás cousas ata o punto de marealas e goza exercitando a súa creatividade. Mólanlle os lobishomes, os elefantes e agora tamén as sepias. 




As dúas:
Coñécense dende sempre e únenas tantas cousas como as separan. Discuten e bérranse acotío, pero iso non obstaculiza a súa amizade. 
A cantidade de paxaros das súas cabezas é tal que serviría para montar un zoo avícola. Teñen milleiros de soños e desexos e xúntanse para pelexar por eles, conscientes de que a unión fai a forza. 
Ás veces pensan que o mundo é comestible, e claro, perden incisivos e caninos no primeiro intento de mordida. Non obstante non quedan desdentadas moito tempo porque en menos que miaña un gato crían unha nova dentadura.
Entre os seus proxectos comúns temos de todo, dende a popularización da revista escolar ata unha curatametraxe, pasando por este mesmo blog.