-Por favor, por favor, Ran... – suplicaban os rapaces, case chorando – … non marches, non…
-Veña, tranquilos todos. Non vos preocupedes, ¡se nuns meses volveremos estar xuntos! – intentaba animalos.
-Mentira… queda moito… ¡nove meses son demasiado tempo! – Insistía Lucía – Eu non quero que marches nunca.
- Mira, prometémosche que lavaremos os dentes todos os días, e repasaremos a táboa de multiplicar e comeremos todo o que haxa no prato. ¡Faremos caso de todo o que digan os papás! – intentou Ramón.
-Non pode ser. – cortou Ran – estanme esperando noutros sitios, non lles podo fallar.
-Pero… pero… - hipou un – pero … ¿Por que?
-Xa volo expliquei: son cousas do traballo. Ademais, non sei por que vos poñedes tan tristóns, ¡se en canto eu marche, virá Toño!
Ese comentario pareceu entristecer aínda máis aos rapaces, que a miraron cos ollos brillantes.
-Xa teño que marchar, o voo sae as 5:08. – anunciou – Portádevos ben mentres eu non estea, ¿dacordo? Xa veredes que ben o ides pasar con Toño, Erno e Vera.
Lucía sorbeu os mocos e dixo con voz tomada:
-¿Prometes que vas volver?
-Que si homiño, o 21 de xuño estarei aquí. Palabra. – dedicoulles un último sorriso entrou na porta de embarque.
E o verán marchou.
Cando o reloxo marchou as 5:09, ante os rapaces apareceu un home grande e de aspecto afable.
-Boas, son Toño.-presentouse o outono.
_____________________________________________________________________
Levo pensando esta entrada desde principios de agosto, por unhas cousas e outras, non me puxen con ela ata o de agora.
Rematou o verán. Rematou a troula, as tardes sen facer nada e o erguerse ás doce da mañá.
Destes tres meses quédome co aniversario, as tardes polo chanto e o malecón, os partidillos de fútbol nas que me metían tres ou catro goles mínimos, o concerto de Mika, as aceñas 2.0 e si, tamén cos ratos falando polo chat, aínda que só fora para dicir "abúrrome".
A canción que me soa na cabeza ao pensar no verán 10, é Lollipop e, como non, Os Piratas (... non gostamooos, dos mascatooos, pooorque baixan das alturas...).
O libro do verán é A praia dos afogados, de Domingo Villar.
O lugar... mm... Sarria/Vilasante/Castrelos.
A frase, "yo no soy marineerooo, soy un delfín!!!".
E o momento non entra neses tres meses, así que... deixoo o oco: _____.
Empezo o curso algo angustiada e cun baixón que, sorprendentemente, a medida que avanzan as clases, vai diminuindo.
Teño moitas cousas por facer nestes nove meses, o principal é non baixar as notas, tamén espero continuar ca revista (estreamos blog! pasádevos!!!) e poder ir visitar Andorra unha vez máis (profes! Eso depende de vós!!).
Pero tamén teño ganas de disfrutar o curso, de pasalo ben e de aproveitar o tempo.
¿Un propósito? - Estudar ó día.
En nove meses (270 días, en realidade), veremos en que quedou a cousa.
Pero non creo que faga falta esperar tanto se queredes saber máis das nosas andanzas polo Xograr. Decidimos contar no blog unha anécdota/frase diaria que marcara o noso día no instituto. A de hoxe, escollida por Sandra, é a seguinte:
-¿Onde está Eugenia?
-Cambiouse para música.
-¿Como o sabes?
-Non o sei, pero cruceime con ela e ía cunha flauta...
(os nomes empregados nas frases non serán os verdadeiros, por motivos obvios)
Todo por hoxe, ata loghiño!
asco de vida
ResponderEliminarpd:maña dadesme o meu marmorubio ;)
O conto mola moito :p.
ResponderEliminarQue teñas tempo para facer o queres facer durante estes nove meses de curso.
PD:Pero por que puxeches as cinco e oito en vez de as cinco e cuarto ou en punto...??
Porque me dixo pablo que o inverno empezaba as 5:09, polo tanto, o verán acaba as 5:08 :p
ResponderEliminarO bo do verán é que sempre volve.
ResponderEliminarE agora, o meu:
A canción: "O futuro da navegación" (non se chama Os piratas ¬¬), sen dúbida.
O libro: "Choque de reyes" e "Que me queres, amor", por motivos moi diferentes.
Lugar: Aínda non era verán cando estiven alí pero teño que escoller Málaga. Que máis ten que só vise o aeroporto?
A frase: Gárdoma.
O momento: Houbo tantos...
Propósito: Aprender a distinguir ship de sheap, beach de bitch, etc. Ah! E pasalo tan ben e aprender tanto como o curso pasado.
E por certo, María, nesta entrada véseche moi influenciada polo célebre filósofo Sinosukeh Bou Zaseh.
Ahora mismo, o curso parece un calquera, excepto polo de traballar día a día. Perdéu esa aura que tiña e que tanto medo metía (pero a ver como sigue...).
ResponderEliminarPois eu fago tamén unha listiña:
Canción - Buf... imposible escoller unha.
Libro - 1984. Non o exprimín o suficiente.
Lugar - En general, a zona de Sarria, porque aí pasou o verán, vaia.
Frase - Se digo algunha seguro que me olvido de considerar outra, porque hai tantas...
O momento - Pasa como coas frases, hai tantos...
Como propósito para o novo curso están empatados no primeiro posto o estudar día a día e o disfrutar.
Por certo, que se queres aprender máis sobre a célebre escola Bou Zaseh, botalle unha ollada a un dos autores do libro de filosofía :P
Teño influencias dunha persoa que non coñezo o.O
ResponderEliminarJuju