O meu caderno de deberes de segundo de primaria era un dos obxectos que máis odiaba neste mundo. Era horrible ter que collelo cada tarde e poñerme a facer aqueles aburridos exercicios (xeralmente copiados ou series de números) que me roubaban marabillosos minutos de xogo.
Afortunadamente, de cando en vez, a profe mandávanos escribir un conto. Aquilo si que me gustaba, e moito. Facía os deberes con ilusión nesas tardes ocasionais, como a de aquel catro de maio na que escribín isto:
Non había moito que fixera os oito anos. Hoxe, con outros tantos enriba, léome e sorpréndome. O conto paréceme supermolón (faltas e demais a parte) e realmente orixinal. Á profe tamén llo parecía. Alguén opina o contrario?
Guau... que lexible era a túa letra!!! Non o podo crer...
ResponderEliminar...
E a ver que vas dicindo por aí de Marisiña... ¬¬
Jajaja que gracioso o que che puxo a profe jaja
ResponderEliminar