O sábado pasado Mika deu o seu único concerto en España no verán. O lugar escollido: Vigo.
Como regalo polos 16, leváronme a velo.
O concerto era as once da noite no auditorio de Castrelos, pero saímos da casa as nove (ou nove e media) da mañá para non pillar as horas altas do sol polo camiño. Logo de comer nun restaurante en Samil, fomos buscar algún sitio para deixar o coche cerca do auditorio. Despois, acercámonos ata o parque e fomos votar unha ollada. Serían aproximadamente as catro da tarde e xa había xente facendo cola, ademáis dos que xa foran coller sitio nas gradas (onde era gratis).
Aquí unha foto do auditorio as catro:
Aburridos de mirar como recollían pedras, fomos tomar algo e a dar un paseo polos arredores.
As sete, puxémonos á cola e de ao cabo dun tempo, cerca das portas empezouse a armar alboroto: ¡a nai de Mika estaba buscando algúns rapaces para que saíran a bailar con el! Eu levantei a man e nai miroume dudosa, pero despois dixo que non ca man (>.<).
Seguimos facendo cola ata as nove, cando abriron as portas e puidemos entrar e coller primeira fila :p.
Estábamos sacando fotos e intentando pasar o tempo cando unha amiga dixo "mira, mira, está aí a nai de Mika". E volvemos intentar chamar a súa atención saudando e levantando as man. Ela dixo "someone to Lollipop?" (ou algo polo estilo), e no instante en que eu tardei en asimilar o que dixera, a miña amiga (se se lle pode chamar assiii ¬¬...) pasou correndo polo meu lado e marchou con ela. Total, que quedei sen poder ir bailar...
As once e cinco pasadas comezou o concerto con "Relax, take it easy" e seguiu ata case a unha da mañá. Saltos, colorido, algunha anécdota curiosa, interpretación e moitos moitos berros coreando as cancións.
Velaquí o auditorio durante o concerto (as luceciñas que vedes espalladas pola foto son móbiles, durante a canción de Happy Ending) :
Mika falou (ou intentouno) en español durante todo o concerto, bravo por el, demostrou un directo magnífico e un carácter tolo e divertido. Aquí deixo os vídeos (gravados por min) dalgunhas das cancións:
O concerto empeza con "Relax, Take It Easy"
Despois tócalle o turno a Big Girl (You Are Beautiful)
En este canta Rain e Blame It On The Girls, no que tamén participa o público e inclúe un semi-streaptease
Happy Ending. Todo o público cas mans en alto e con móbiles en alto. Fermoso.
O final de Love Today e We Are Golden
Fixen cinco vídeos máis, clicade sobre o nome para velos:
Love Today (a primeira parte)
Blue Eyes (unha parte)
Lollipop, co que cerra o concerto, aínda que despois fai un bis de Relax, Take It Easy.
Tras máis de sete horas de pé, o único no que pensaba era no subidón que tiña, no que me doía a garganta e en que "guá... pero... ¡se pasou de verdade!".
¡¡Foi un concerto impresionante!!
ResponderEliminarMóbiles para facer luceciñas? E que foi do clásico chisqueiro?
ResponderEliminarA tecnoloxía causou desastres...
ResponderEliminarPsché, o mechero mola moito, moito máis. Co movil podes xogar, chamar, dibujar e vinte caralladas mais, pero para eso non sirve.
ResponderEliminarEu tamén fun... gustóume moito recordalo vendoo no youtube, porque o subistes vós, non?.
ResponderEliminarBicos.
Si, está subido desde a nosa conta.
ResponderEliminarQue raro é pensar que estivemos tan cerca, e tan lexos entre tanta xente. A saber! Igual ata estiveches ó meu lado!
Gracias pola visita!
Jejeje, imaxínaste???. Pero nós non estivemos na primeira fila nin moito menos, xa imos vellos para ir e dalo todo nun concerto, ainda que o pasamos de marabilla. De feito mañá repetimos e vamos a Muse. Iredes?. Se non, mándoos eu a crónica... ;-)
ResponderEliminarApertas.
Non, non fumos ver a Muse.
ResponderEliminarPolo menos a min, non me emocionan demasiado, e de todas formas, as entradas voaron, sería moi difícil facerse con unha!
Que tal foi o concerto? Sandra comentou que houbo algo de alboroto, non?
bicooos!!