20 ago 2010

Catro historias e un final

Un

Ábrese o telón e Sofía por fin ve o seu público. Varios centos de pares de ollos fítana con emoción, impacientes por escoitar a súa impresionante voz.

O director da orquestra comeza a abanea-los brazos e os instrumentos liberan por fin as primeiras notas. Sofía colle aire e fai vibrar as súas cordas vogais:

Non, rien de rien
Non, je ne regrette rien
Ni le bien qu'on m'a fait, ni le mal
Tout ça m'est bien égal.

A emoción sae da súa gorxa, espallándose por todo o teatro e facendo cóxegas nos estómagos daqueles que están sentados nas butacas.

Dous

Auga. Non existe nada máis; só a auga que lle fala preto da orella. Os calos dos pés, a dor de cabeza, a avaría do coche, a vista cansa… todos desapareceron. Fóronse. Está flotando e a auga é o único que existe para el.

Tres

Dígollo ou non llo digo? Merda! Joé, se fose un pouco máis valente… pero non, son un covarde. Aínda así teño que dicirllo, teño que se valente por unha vez. Pero claro, se llo digo e sae mal, nada volverá ser coma antes. Ains…

Catro

Todos están xa no barco, rumbo dunha nova vida.

A auga inundará en poucos minutos as súas terras. Dentro de nada os seus fogares non serán máis ca fondo mariño.

Edna observa por última vez a súa casa dende a cuberta da embarcación. Non está triste, polo menos non moito. Só unha miga. Deixar a casa dóelle, pero a emoción de ir ver por fin o mundo compensa a mágoa.

—Coidado!—berra de súpeto un rapaz que andaba tamén pola cuberta.

—Que pasa?—pregunta Edna, pero xusto nese intre a pregunta vólve absurda; ela mesma pode ver a resposta.

Un golfiño xigante que dispara auga pola boca está atacando o barco. Todos corren, a pesares de que sospeitan que non servirá de nada.

E todas remataron…

…cando deixou de vir a auga quente.

2 comentarios:

  1. Mola.
    Alégrome de que non lle deras ao "Supr" antes de que nos dera tempo de lelo...
    E repito: moi teu... creo que non me explico. Pero en fin, eu enténdome.

    ResponderEliminar
  2. Pois si, mola (e eu pensando que non había ningunha entrada máis dende a de Mika... Teño que actualizar máis).

    ResponderEliminar

Os cinco primeiros en comentar recibirán gratis e sen compromisos un marmolubio da mellor calidade.