15 dic 2010

Dez cousas que me encantan

Non hai moito publiquei unha lista de tres cousas que me molestan especialmente. Hoxe vou facer o contrario: unha lista de cousas que me encantan. Desta volta poño dez puntos, que sempre mola máis falar (escribir neste caso) do que a unha lle gusta.

1. O queixo con marmelo (tamén chamado marmelo con queixo).  
2. Imitar á xente, aínda que son consciente de que non domino a arte.
3. Que o espertador soe en sábado. Apagalo e seguir durmindo é unha experiencia do máis gratificante.
4. Que alguén se ría pola miña culpa.
6. Inventar sobre a marcha unha PISE (palabra inexistente de significado evidente). 
7. Ter vacacións en inverno.
9. As fotos antigas.
10. Os ukeleles e os acordeóns.

3 comentarios:

  1. Jo... en serio me paso o día contigo?? Non coincidimos en nada o.O

    ResponderEliminar
  2. Muller, digo eu que nalgunha si, ou? Se non, igual cómpre resaltar que son dez cousas que me encantan ao azar, non as dez cousas que máis me gustan neste mundo.

    ResponderEliminar
  3. Sigo sin ver por que lle gusta tanto á xente o queixo con marmelo, e eso que miña nai podería pasar todo o día comendoo...

    ResponderEliminar

Os cinco primeiros en comentar recibirán gratis e sen compromisos un marmolubio da mellor calidade.