Mostrando entradas con la etiqueta Anécdotas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Anécdotas. Mostrar todas las entradas

18 mar 2011

S17

Nos últimos catro días, estivo no meu escritorio unha carpeta chamada "S17" que, pouco a pouco, se foi enchendo de metralla para celebrar os dezasete anos de Sandra.
A verdade, é difícil decidir qué regalarlle: os que a coñecemos sabemos que é unha persoa... á que é difícil conseguir "impresionar".
O primeiro no que pensamos, foi un regalo seguro: algún dos libros da súa estantería de desexos de aNobii. Marchamos a por el e, aínda que non conseguimos o que queríamos, fixémonos con outro dos da lista: Tobi Lolness.
Sen embargo, o regalo parecíanos algo cutrillo, e dixemos "hai que poñerlle algo máis". Así que tocou volver a pensar... e eu dixen "e se lle facemos un CD no que metamos cancións que lle fagan recordar momento vividos por todos nós???", e Pablo dixo "si! e tamén podíamos engadir a canción esta que fixera... como era? ah, si! o Mamut Patinador!", e Abella soltou "ui, si! e tamén lle gravamos un videoclip!". Esta idea, tras unha serie de intentos desastrosos, non chegou a ver a luz (por sorte para a humanidade).
... e así foi como, tres días antes do aniversario, nos xuntamos todos para berrarlle ó micro "Mamut Patinador, fíxose labrador,
agora xa se ergue caaaando sae o Sol!"
O deseño CD (todo o hai que dicir, aínda que vaia contribuir ao aumento do ego dalgún...) quedou realmente bonito, moi currado y moi "estilo Sandra".
Ademáis, fixemos un pequeno vídeo (que podedes ver abaixo) como plus.

Este venres, (de feito foi fai unhas poucas horas) saímos a dar unha volta e logo de que tirara cun vaso e regara a alguén (como é costume cada venres), no momento no que lle entregamos o libro, Sandra mirounos e dixo: (que pensades que fixo? chorar de emoción? sorprenderse? dicir que non o podía aceptar?! NON! Seguide lendo para descubrilo):
-Xa sabedes que non me gusta que me regalen cousas.
Logo da indignación colectiva, explicouse:
-É que non sei que cara poñer cando me dan regalos!
Abriu o paquete e viu o libro. "Oh! Que bonito! Moitas gracias! e blablabla!"
Pero o que realmente non se esperaba era o segundo regalo. Non sei se a cara foi finxida ou non, pero creo que en case 17 anos xuntas, esta foi das primeiras veces nas que conseguimos "impresionala de verdade". Fixemos algunhas fotos do momento, se valen a pena prometo ensinárvolas.
O CD contén un total de 16 cancións e a canción do Mamut (17 en total :p) e cal é o título? Pois o único que se lle pode ocurrir a unha persoa logo de pasarse dúas horas facendo límites:
"Límite cando Sandra tende a 17"

As cancións que eu puxen foron "Love Today" e "My Family's Role in the World Revolution", como recordo a 4º da ESO e do Xograr en xeral, "Oso Panda!", pola súa enerxía positiva; "A Window to the Past" como guiño a un dos conectores que fixo que volveramos entablar relación fai un anos e "O Futuro da Navegación", como lembranza do verán 2010 e de bucarracho". As explicacións máis extensas xa as ten ela ^^.
E chegados a este punto, non teño moito máis que dicir que non se diga no vídeo. Pero en resumo:
Sandra, non son 17 aniversarios xuntas, son case 17 anos (e non, non é o mesmo, que dito en anos soa mellor, e xa nin che conto o ben que soa en días!). Berramos a diario (varias veces), discutimos, pelexamos e pensamos diferente; pero debe de haber algo forte que nos une, para seguirnos dirixindo a palabra (uns días máis que outros) logo deste tempo.

Se queredes saber o mal, mal, fatal que nos cae a homenaxeada, clicade no vídeo de abaixo!


FELICES 17, SANDRA!

2 mar 2011

Culture Villantre

Ooola, xentiña!
Tranquis todos, que chegamos enteiras de Andorra, pero... vamos dicir que estivemos "ocupadas".

Unha das cousas que ocupou o noso tempo foi este traballiño para francés: o programa de radio Culture Villante. Presentarémolo a un concurso e non aspiramos a gañar, pero aquí está o resultado dun dos meus primeiros traballos como "xornalista".
O contido é obra de Tania, Noelia, Sandra e miña. As correccións e o control do son á hora de gravar son do profe de francés, Miguel.
Despois de aproximadamente uns... 10 ¿? intentos, saiu algo mínimamente pasable e que, aínda que con imperfeccións, foi feito con moitas ganas e ilusión. Por iso me decidín a amosárvolo.

Para que vos fagades unha idea, a idea xira en torno a unha cidade inventada que ten a capacidade de flotar e moverse dun lado a outro: Villante, que é un xogo de palabras entre ville e volante. Dependendo da cidade sobre a que estén flotando, o programa farase no idioma que corresponda.
As noticias son inventadas. Este programa (primeiro e probablemente único) contén unha entrevista coa famosa cantante galega, Noelia Sangil; unha reportaxe sobre a exposición de fotos do polémico Marc Lorraine e outra sobre a Feira do Libro de Villante, que este ano xira en torno ó mundo de Jules Verne.

Cal é o resultado? Un programa de case nove minutiños cheo de cousas sen-sentido. Abúrreste? Pois dalle ó play!


7 dic 2010

Un peu de vin

O aburrimento fai cousas incribles, como conseguir que collas un libro de texto sen ter necesidade. Andaba eu ociosamente dándolle voltas ao meu C'est la vie ! 1 cando atopei isto:


Curioso xeito de exemplificar os adverbes de quantité.

3 oct 2010

O Trivial

Hoxe botei unha partida de Trivial e... gañei! Había anos (e non esaxero) que non xogaba, e xa me esquecera do moito que pode molar ese xogo. Tensión, prenguntas, emoción, respostas, quesitos e frases do tipo de "incult@, iso sábeo todo o mundo!". Vamos, que poucas cousas superan unha partidiña nunha tarde de frío en boa compañía.
Claro que o mellor do Trivial son as preguntas trampa. Hoxe a min tocoume responder á seguinte:

¿Cuál es el instrumento de la orquesta que, según su nombre, más cuesta tocar?

Quedeime de pedra pómez. Non se me ocorreu nada e perdín a oportunidade de conseguir un quesito. A resposta era:

El contrabajo.

Se mo chegan a contar como chiste, probablemente me parecería malísimo, pero nese contexto fíxome unha graza tremenda. Trivial facendo un chiste! A propia situación é do máis chistosa.

E a falta de algo interesante que contar, deixo un monólogo do gran Joaquín Reyes relacionado co tema que sempre me fai soltar unhas cantas gargalladas:








27 sept 2010

Anécdota xogarina 2

Exercicio na clase de galego consistente en explicar a diferencia de significado entre bola e bóla.
-María, que leva a bola? Levadura, sal...-preguntou Eugenio.
-... fariña... para que o queres saber?-dixo ela.
-Para facer o exercicio!

19 ago 2010

Frases para a historia #1

Porque todas esas grandes frases que din grandes mentes nos momentos adecuados teñen que quedar gardadas nalgún sitio.
Aquí a primeira, unha das miñas favoritas:

Situación: durante un dictado na clase.
Protagonista: profesora e alumno.

Profesora: ... crearon a Santa Inquisición, que se encargaba de...
Alumno: ¡¡Espera, espera!! ¿¿Como se chamaba a santa??

18 ago 2010

No coche

Primeiro de nada, tedes que ver este vídeo desde o minuto 2:30 ata o 2:53 máis ou menos.


Esta é unha das escenas de cine que máis me gustan.

É rara a viaxe en familia na que non se da esta discusión polo menos dúas veces. E sempre me acordo desta escena nese momento, así que cando o conductor remata por ceder, eu fago o "aaaahh".


16 ago 2010

Mika

O sábado pasado Mika deu o seu único concerto en España no verán. O lugar escollido: Vigo.
Como regalo polos 16, leváronme a velo.

O concerto era as once da noite no auditorio de Castrelos, pero saímos da casa as nove (ou nove e media) da mañá para non pillar as horas altas do sol polo camiño. Logo de comer nun restaurante en Samil, fomos buscar algún sitio para deixar o coche cerca do auditorio. Despois, acercámonos ata o parque e fomos votar unha ollada. Serían aproximadamente as catro da tarde e xa había xente facendo cola, ademáis dos que xa foran coller sitio nas gradas (onde era gratis).


Aquí unha foto do auditorio as catro:

Aburridos de mirar como recollían pedras, fomos tomar algo e a dar un paseo polos arredores.
As sete, puxémonos á cola e de ao cabo dun tempo, cerca das portas empezouse a armar alboroto: ¡a nai de Mika estaba buscando algúns rapaces para que saíran a bailar con el! Eu levantei a man e nai miroume dudosa, pero despois dixo que non ca man (>.<).
Seguimos facendo cola ata as nove, cando abriron as portas e puidemos entrar e coller primeira fila :p.
Estábamos sacando fotos e intentando pasar o tempo cando unha amiga dixo "mira, mira, está aí a nai de Mika". E volvemos intentar chamar a súa atención saudando e levantando as man. Ela dixo "someone to Lollipop?" (ou algo polo estilo), e no instante en que eu tardei en asimilar o que dixera, a miña amiga (se se lle pode chamar assiii ¬¬...) pasou correndo polo meu lado e marchou con ela. Total, que quedei sen poder ir bailar...

As once e cinco pasadas comezou o concerto con "Relax, take it easy" e seguiu ata case a unha da mañá. Saltos, colorido, algunha anécdota curiosa, interpretación e moitos moitos berros coreando as cancións.
Velaquí o auditorio durante o concerto (as luceciñas que vedes espalladas pola foto son móbiles, durante a canción de Happy Ending) :


Mika falou (ou intentouno) en español durante todo o concerto, bravo por el, demostrou un directo magnífico e un carácter tolo e divertido. Aquí deixo os vídeos (gravados por min) dalgunhas das cancións:

O concerto empeza con "Relax, Take It Easy"


Despois tócalle o turno a Big Girl (You Are Beautiful)


En este canta Rain e Blame It On The Girls, no que tamén participa o público e inclúe un semi-streaptease


Happy Ending. Todo o público cas mans en alto e con móbiles en alto. Fermoso.


O final de Love Today e We Are Golden


Fixen cinco vídeos máis, clicade sobre o nome para velos:
Love Today (a primeira parte)
Blue Eyes (unha parte)
Lollipop, co que cerra o concerto, aínda que despois fai un bis de Relax, Take It Easy.

Tras máis de sete horas de pé, o único no que pensaba era no subidón que tiña, no que me doía a garganta e en que "guá... pero... ¡se pasou de verdade!".

7 ago 2010

Misterio!

Tratando de aproveitar ao máximo o delicioso iogur de macedonia que estaba tomando como sobresmesa reparei nisto:



Por se non o ledes:

Fecha de caducidad: ver tapa
Prazo de validade: ver tampa
Sello de salubridad: ver fondo
Selo de salubridade: ver fondo
Conservar en frío: entre 1 y 8 ºC
Conservar no frío: entre 0 e 6 ºC


Alguén propón algunha explicación lóxica?