O blog

O blog iniciouse aló por maio de 2008.
Cando cumpriu dous anos, decidimos que era hora de lavarlle a cara e comezar dende cero.
Por que?
Porque as cousas cambian, os puntos de vista evolucionan e queriamos enfocalo dende outra perspectiva.
O Antigo-Ollos estaba máis enfocado a nós mesmas, escribíamos para nós e non como fin para chegar aos demáis.
Sen embargo, agora cremos que estamos [un pouquiño] máis preparadas para levar o blog aos lectores, que temos cousas interesantes que contar e, senón, coas posibles barbaridades que digamos polo menos rirédesvos un anaco.
Dende Sarria ata o Sáhara; de Sálvame ao telediario; de Digimon a Amelie; o instuto, a música, o futuro, libros e un feixe de reflexións persoais.

Queremos expresarnos
Queremos dar as nosas opinións. 
Queremos demostrar que hai moito máis ao noso arredor.
Queremos ensinarvos a vida dende os ollos dun par de adolescentes.

O antigo Ollos