3 oct 2010

O Trivial

Hoxe botei unha partida de Trivial e... gañei! Había anos (e non esaxero) que non xogaba, e xa me esquecera do moito que pode molar ese xogo. Tensión, prenguntas, emoción, respostas, quesitos e frases do tipo de "incult@, iso sábeo todo o mundo!". Vamos, que poucas cousas superan unha partidiña nunha tarde de frío en boa compañía.
Claro que o mellor do Trivial son as preguntas trampa. Hoxe a min tocoume responder á seguinte:

¿Cuál es el instrumento de la orquesta que, según su nombre, más cuesta tocar?

Quedeime de pedra pómez. Non se me ocorreu nada e perdín a oportunidade de conseguir un quesito. A resposta era:

El contrabajo.

Se mo chegan a contar como chiste, probablemente me parecería malísimo, pero nese contexto fíxome unha graza tremenda. Trivial facendo un chiste! A propia situación é do máis chistosa.

E a falta de algo interesante que contar, deixo un monólogo do gran Joaquín Reyes relacionado co tema que sempre me fai soltar unhas cantas gargalladas:








2 comentarios:

  1. Hahaha Xogando ao Trivial sempre aprendes novas cousas, o que non sabía eu era que facía bromas e todo ^O^

    Sígoche, saúdos;)

    ResponderEliminar
  2. Pois non é o primeiro chiste que lle leo pero claro, como hai tantísimo tempo que non xogo, non recordo ningún máis.

    ResponderEliminar

Os cinco primeiros en comentar recibirán gratis e sen compromisos un marmolubio da mellor calidade.