É verán. Vai moitísima calor. E eu teño que pasar a selectividade.
O lugar do exame son As Termas, na zona dos cines, pero en lugar de cines, hai aulas interminables con moitos, moitos pupitres. Xunto ás mesas, hai mini-dragóns de lume que coidan de que non copies.
Eu estou a un par de mesas de Tania e á dereita de Sandra, con quen podo falar se non é para comentar algo do exame.
O exame é de bioloxía e matemáticas. Empezo a facelo e parece que a cousa vai ben.
Borrón
Dalgún estrano xeito, fágome amiga do mini-dragón que me custodia, e dun momento a outro atópome voando pola habitación.
Cando aterrizo, os exames comezan a arder e escóitase un "Ooooohhh/eeeehh" de queixa xeneral. Pero o profesor di que non pasa nada e reparte outros exames, esta vez, soamente de bioloxía e parece que me sae bastante ben.
Ao saír do exame falo con Tania:
-¿Que tal che foi?
-O de Bio ben... pero había algún exercicio no de mates que non me saia e...
-¿O que? ¿Como que de mates? ¿Pero non era soamente de bioloxía?
-¿Que dis? ¡Era de mates, bioloxía e inglés!
E entón empezo a desesperarme, porque non vou aprobar a selectividade, porque para periodismo piden unha nota moi alta e porque son unha parva que non mirou a outra cara do folio.
Pero de súpeto recordo algo, un invento maravilloso que se sacaron do bolsillo fai pouco: ¡os exames de subir nota!
E penso "ó mellor podo subir nota en música".
Entón comezo a buscar ao profesor que supervise ese exame, que se da a casualidade de que é o director da banda, e suplícolle de rodillas:
-Jose, por favor, por favor -case chorando- deixame facer o exame, por favor, que vou suspendeeeeer, por favooooor....
Pi, pi pi pi, pi pi pi.
E o meu amado espertador sácame dese terrible pesadelo.
Un dos meus últimos pesadelos. Outro día, se queredes, cóntovos o das babosas que saen do tellado e medran se comen portas, ou dos ranchos voadores.
Estou segura de que os pesadelos se forman a partir de situacións que viviches ó longo do día ou dos últimos días. Eu por exemplo asocio este pesadelo a que xusto ese día escoitara falar a alumnos da selectividade no instituto, a que fora o día anterior As Termas e quería ir ó cine, e a que vira un dragón no último trailer de Harry Potter.
Esperteime moi angustiada e co corazón baténdome fortemente contra o peito. O certo é que a selectividade e todo o que virá despois é un tema que me preocupa moito, máis polo que será e non polo como o farei.
Dende fai algo máis dun ano vexo que todo pasa demasiado rápido, e que non me da tempo a coller a cousas. E si, por que non dicilo: teño medo.
Medo de perderme cousas, de deixalas a medias ou sen facer. De cometer un erro que me condicione irremediablemente. Medo de elixir mal. Pero sen dúbida, ao que máis medo lle teño, é a perder.